Nesta xornada de traballo imos planificar a campaña de concienciación que realizaremos durante o trimestre e para iso, procedemos a presentarvos as bases que trataremos:
VIOLENCIA DE XÉNERO
-Obxectivos principais:
- Sensibilización de cara ás vítimas que sofren maltratos psicolóxicos e físicos.
- Concienciación do problema, enunciando os tipos de violencia que existen e as posibles solucións.
- Ofrecer un programa de axuda e informar ós/ás receptores de diversos centros de axuda.
- Introducir unhas medidas básicas para coñecer como actuar nunha situación deste tipo.
- Favorecer a posta en común e resolver todas as dúbidas que poidan xurdir.
-Receptores principais da campaña:
Decidimos expoñer o noso tema aos alumnos/as de 6º de Primaria e 1º da ESO xa que cremos que unha boa toma de conciencia dende idades tempranas pode mellorar a capacidade de reacción ante a desigualdade de xéneros.
-Valores:
- Respecto.
- Igualdade de sexos.
- Aceptación.
- Autocontrol.
- Documento de Prezi ou se fose posible, vídeo educativo.
- Concurso relacionado.
- Entrega de carteis e folletos de prevención.
- Narración dun exemplo real.
- Xogos por grupos.
- Decoración das carteleiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario