lunes, 20 de abril de 2015

Comeza a busca de asociacións...

Ola, boa xente:
Estivemos investigando un chisco sobre a existencia de asociacións adicadas á prevención da violencia de xénero na nosa cidade. Atopamos as seguintes, para máis información recomendámosvos que visitedes a páxina oficial.

É unha fundación destinada á concienciación de nenos/as e adolescentes para poder axudarlles nas súas inquedanzas, protexerlles e resolver todas as súas dúbidas mediante ferramentas actuais como son as novas tecnoloxías (mails, chamadas telefónicas...) pensando na comodidade que supón.
Tamén, orienta a súa misión cara a acollida de xóvenes nestas situacións ou proporciónanlles apoio na vía educativa.
Realizan campañas de atención ás vítimas es distintos países, como Chile ou México en Latinoamérica entre outros.

Espazo impulsado pola Concellería de Igualdade co fin de atender a mulleres especialmente e tamén homes co fin de erradicar a violencia. Organízanse reunións, conferencias, cursos e exposicións relacionadas. 

REDE DE MULLERES VECIÑAS CONTRA OS MALOS TRATOS
Este grupiño de rapazas e mulleres invitan a romper coas situacións de abuso e establecen un diálogo coas afectadas para servir de "rehabilitación" despois dunha experiencia desagradable. Tamén colaboran con escritos e publicacións en diversos xornais así como acompañan a aquelas que queiran denunciar fronte a policía ou nos trámites xudiciais.

CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER
Servizo adicado ó asesoramento no que se promove unha igualdade máis próxima partindo da integridade de xéneros e para iso, realízanse intervencións cun equipo de profesionais que inclúe departamento de psicoloxía. Concertan terapias tanto individuais como familiares ou matrimoniais, programas de busca de vivendas ou recursos laborais e información en consultas penais.

-Se clicades nos títulos, podedes acceder directamente á web oficial ou no caso de ampliación:  http://hoxe.vigo.org/movemonos/muller_centros.php?lang=cas


No hay comentarios:

Publicar un comentario