lunes, 27 de abril de 2015

Planificamos as nosas accións!

Bo día cidadanía:
Hoxe imos pautar e responder as preguntas propostas sobre a campaña que levaremos a cabo co fin de concretar determinados aspectos.

6º PRIMARIA:
Que actividades imos realizar?
-Os primeiros minutos emitiremos un vídeo introductorio que inclúa o lema, unha canción significativa e as ideas principais en forma de presentación audiovisual.
-Posteriormente, preguntaremos aos nenos e nenas que lles pareceu, farémoslles preguntas habituais, do estilo "Cres que esto acontece no teu contorno?" para que participen; e tamén resolveremos as dúbidas que teñan.
-Por grupos de cinco compoñentes, serían un total de cinco tamén faríamos uns xogos populares relacionados co noso tema como por exemplo: A Oca, Trivial, Pasapalabra... de modo que fosen rotatorios e así anotar os resultados para elaborar un concurso con recompensa (algún obxecto referente á campaña).
Tamén faremos:
-Pegada de carteis.

Onde as imos levar a cabo?
Nas aulas de 6º de Primaria e nos corredores de Primaria (a pegada de carteis).

Cando as imos levar a cabo?
Na última semana de maio ou na primeira de xuño, os días non están fixados aínda. Queda por ver tamén os horarios pois non coinciden cos nosos.


Como as imos levar a cabo?
Prepararemos o material oportuno nas clases de Cidadanía e na hora asinada, desprazarémonos cara o edificio de Primaria. A distribución será a seguinte:
5 minutos: Clip audiovisual.
5-15 minutos: Debate e cuestións.
15-45: Actividades lúdicas.
45-50 minutos: Reconto de puntos e entrega dos premios.
Durante todo o programa, un membro/a do equipo tomará fotografías ou grabará o desenvolvemento da sondaxe.
Para a pegada de carteis nos xuntaremos nun recreo e para os "Bos días" pediremos permiso ao profesor co que estemos.

1ºESO:
Que actividades imos realizar?
-Pegada de carteis.
-Exposición de montaxe en soportes dixitais (Powtoon, Power Point, Prezi...)
-Xogos (a Oca, o Trivial, O Pasapalabra...) relacionados co tema.

Onde as imos levar a cabo?
Nas aulas de 1º ESO e nos corredores da ESO (a pegada de carteis).

Cando as imos levar a cabo?
Na última semana de maio ou na primeira de xuño e dependendo da xornada que nos toque e das previsións meteorolóxicas realizaremos a animación lúdica nun espazo aberto, o patio ou na entrada da ESO.

Como as imos levar a cabo?
10 minutos: Presentación da montaxe.
10-25 minutos: Cuestións, concienciación e charla sobre algúns organismos ós que poden acodir nestes casos.
25-35 minutos: Actividade con novas do xornal, Internet...
35-50 minutos: Animación con pequenos retos de modo que fomentemos a expresar a súa opinión.
Para a pegada de carteis nos xuntaremos nun recreo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario