Ola cidadanía!
Hoxe imos presentar algunhas das leis que protexen o tema co que estamos a traballar: A violencia de xénero.
Nos Dereitos Humanos os artigos referentes (implicitamente ou explicitamente) son os seguintes: 1, 2 3, 4, 5, 6, 10, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 27.
Na Consitución Española os artigos referentes son os de dereito á vida (10-55).
Outros artigos ou declaracións que loitan e implantan leis contra este acto con:
- Lei Orgánica (1/2004) de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- Lei (2003) sobre a Orde de protección.
- Sentenza do (14/05/2008) do Tribunal Constitucional.
- Lei orgánica (22/3/2007), para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Protocolo de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
- Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e violencia doméstica.
- Ademais na Convención sobre os Dereitos do Neno cítase nalgúns artigos que os nenos non
teñen dereito a ser obxecto de inxerencias na súa vida privada, xa que
non só as mulleres ou homes que sofren a violencia directamente son as
vítimas, senón que tamén o son os nenos e nenas que conviven con eles e
con elas.