A violencia de xénero é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo a súa identidade e benestar social, físico ou psicolóxico.
Un total de 700 mulleres foron asasinadas en España na última década por outros tantos homes cos que mantiñan ou mantiveran unha relación sentimental. É o resultado estatístico dunha media de setenta homicidios cada ano, dende que en 2003 se empezasen a contar os crimes con vistas á aprobación, un ano máis tarde, da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.


No hay comentarios:
Publicar un comentario