martes, 28 de octubre de 2014

A POBREZA EN ESPAÑA

"A pobreza" é un concepto relativo. Ten que ver co ámbito onde vive a persoa. En España ten tamén un carácter estatístico, no sentido de que se toma a decisión de cando se é pobre," explícalle a BBC Mundo Carlos Susías, presidente de EAPN-España.

Coa crise, ese ingreso cae cada ano. En 2009, a media nacional para unha persoa era de 7.980 euros. En 2012, 13.090.000 persoas viven en risco de pobreza ou exclusión social en España, o que representa o 28,2% da poboación. En 2011, ao redor de 120 millóns de persoas en Europa estaba nesta situación, catro millóns máis que o ano anterior. 

Tendo en conta todo isto, pódese apreciar que a pobreza é un problema social dos máis graves e que a sua solución non é fácil de remediar. Familias sen recursos, sen traballo, sen persoas que lle podan ofrecer unha axuda...

É posible que estas familias antes tiveran privilexios e que vivisen ben pero a crise económica arruinou todo isto e deixou a millóns de persoas sen empleo, e de alí que derive á falta de recursos.

Creo que moi pouca xente ten a gran sorte de superar este problema, xa que non todas teñen esa pequena axuda de alguén bondadoso e nesta sociedade a gran maioría de persoas adiñeiradas pensan solo no ben común e non na xente que de verdade o necesita.

OS NENOS E A CRISE EN ESPAÑA

En España, case 2,2 millóns de nenos viven en pobreza. Por primeira vez neste país, os nenos son os máis afectados pola crise económica, segundo un informe.
A infancia en España 2012-2013, O impacto da crise nos nenos.
A pobreza infantil, ten durante anos en torno ao 24% da poboación menor de idade, superou o 26%, unha porcentaxe que está  por enriba da media nacional. O documento. A Infancia en España 2012-2013 destaca que en só dous anos hai case 205.000 nenos máis que viven en fogares cuns ingresos por debaixo do albor da pobreza.





Unicef demostra que países de distintas rexións do mundo que en situacións difíciles fixeron un esforzo por aplicar medidas, protexendo os recursos dedicados ás familias e os nenos, tiveron unha saída mellor e máis sostible á crise.

Os custos de non actuar agora non só afectan aos nenos e as familias, senón que comprometen o crecemento e o benestar de toda a sociedade en longo prazo.

A POBREZA E DESIGUALDADES SOCIAIS

Nos países ricos, 2,6 millóns de nenos teñen caido na pobreza a causa da crise económica, polo que o número total de nenos que viven en pobreza no mundo desenvolvido se sitúa nos 76,5 millóns.En 23 dos 41 países analizados, a pobreza infantil aumentou dende 2008. En Irlanda, Croacia,Letonia, Grecia e Islandia, creceu máis dun 50%.
Segundo este parámetro, Irlanda, Luxemburgo e España perderon unha década; Islandia perdeu 9 anos; e Italia, Hungría e Portugal 8 anos.En 18 países a pobreza infantil diminuíu, ás veces de forma notable. Australia, Chile, Finlandia,Noruega, Polonia e a República Eslovaca reduciron a súa taxa en torno a un 30%.





miércoles, 22 de octubre de 2014

Bullying, acoso escolar

O acoso escolar ou bullying é un tipo de acoso psicolóxico que realiza un neno sobre outro neno no ámbito escolar. O acoso escolar caracterízase por ser un comportamento agresivo e negativo.
Hai dous tipos de acoso escolar: O directo, é a forma máis común entre os rapaces. 
O indirecto, é máis común entre as rapazas na preadolescencia e caracterízase ao levar a alguien cara un illamento social que se consegue por difundir rumores, rexeitar o contacto social coa vítima, ameazar a outros nenos que se leven ben coa vítima, criticar a forma de vestir, a relixión, a lingua, a orientación sexual, a discapacidade...
O bullying é o maltrato físico ou psicolóxico continuado que recibe un neno por parte doutro ou outros, que se comportan cruelmente co obxectivo de sometelo e asustalo,obter algún resultado
 para os acosadores ou simplemente a necesidade de agredir e destruír que estes adoitan presentar.
Implica repetición continuada de burlas ou agresións.






Violencia de xénero

A violencia de xénero é un tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo a súa identidade e benestar social, físico ou psicolóxico.





Un total de 700 mulleres foron asasinadas en España na última década por outros tantos homes cos que mantiñan ou mantiveran unha relación sentimental. É o resultado estatístico dunha media de setenta homicidios cada ano, dende que en 2003 se empezasen a contar os crimes con vistas á aprobación, un ano máis tarde, da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

lunes, 20 de octubre de 2014

O racismo

Enténdese como racismo a defensa do sentido racial dun grupo étnico, especialmente cando convive con outro ou outros, así como designa a doutrina antropolóxica ou a ideoloxía política baseada neste sentimento.

O racismo é un problema social moi grave o cal fai que a xente non sepa convivir con persoas doutras etnias ou relixións.

Un dos mellores exemplos de racismo é Estados Unidos no ano 1865, aquí o que pasaba era que os bracos tiñan preferencia ante os negros, había escolas para brancos e para negros...








Pedro García Aguado

Exxogador de wáter-polo, que conviviu na selección nacional , rematou afundido por culpa das drogas. "En 2003 era un tipo completamente rematado", dinos. A súa experiencia persoal é a que axuda agora a outros rapaces a saír do pozo.
Dende o meu punto de vista, houbo moitos cambios sociais que inflúen en que haxa máis casos de frustración... Rapaces que non rematan a ESO, moitas separacións, moito pai que por traballar moito deixou a educación dos seus fillos en mans doutras persoas... Son rapaces coa autoestima moi baixa, que asociaron a felicidade ao diñeiro. Rapaces que se saen do cine e ven que non recibiron nin un mensaxe
 nese tempo, choran. Eu penso que eles non fallaron na miña educación. Eles fallaron na súa parella e na construción de familia porque se divorciaron. Que eu decidise ou non tomar drogas, iso non o tería parado ninguén. Eu vivía nun ámbito en que o deporte favorecía que puidésemos beber alcohol cando celebrabamos vitorias. De aí, pasei a outras substancias, porque non tiña conciencia de risco. Eu pensaba que iso podía controlalo e ao final acabou controlándomeme. Pero os meus pais, pouca responsabilidade tiveron niso. DIXO NALGUNHAS ENTREVISTAS.


Entrevista, pincha aquí
Su programa aquí

DROGODEPENDENCIA

A drogodependencia, tamén chamada drogadicción ou farmacodependencia, é un problema de saúde causado polo frecuente uso de substancias aditivas chamadas drogas. 



lunes, 6 de octubre de 2014

Diario de sesións

    
  Data

Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…

Valoración
6/10/2014
Creación do blog, correo e entradas.
Tod@s traballamos moi ben, non houbo problema con ninguén para que se puxera a traballar.
13/10/2014
Algunha que outra edición nas entradas do blog e etiquetación do caderno de equipo.
O traballo foi rápido e fluido, cada integrante do grupo tiña tarefas que facer.
20/10/2014
Buscar información, redactar e publicar a información sobre o racismo.
O traballo foi rentable e colaboramos tod@s en xeral.
22/10/2014
Buscamos información sobre a violencia de xénero e o bullying e publicamos artigos sobre estes.
O traballo foi rápido e productivo, tod@s traballamos ben.
28/10/2014
Buscamos información sobre a pobreza, fotos e videos.
Tod@s axudamos no grupo
3/11/2014
Rematamos o tema de pobreza e arranxamos cousas
Esta vez non todos traballamos(o traballo realizouse contando só con tres integrantes)
17/10/2014
 Fixemos o documento sobre o libro da lectura "Recinto Gris"
 Hoxe faltou Adolfo pero traballamos moi ben, cada un ao seu.
24/10/2014
Fixemos outra ficha de “Recinto Gris”.
Ana e Vero traballaron correctamente coa súa parte.
Adolfo e Gonzalo fixeron a súa parte.
1/12/2014
Continuamos a ficha da anterior sesión de “recinto gris”.
Traballamos todos perfectamente e moi coordinados, fixemos moi bó traballo


Cargos e funcións

Cargos e Funcións:

Cargo
Funcións e tarefas
Data incorporación
Coordinador
                                           Ana
23-09-2014
                                 Orden no grupo

                           Reparte o traballo 

Ordena a quenda de falar

Controla o volume de fala





Secretario/a
     Vero
23-09-2014
Toma notas e apuntes

      É o que traballa no papel 









Responsable do material
       Adolfo
23-09-2014
Coidar e gardar o material

Axuda a encontrar o material indicado e necesario para cada actividade









Axudante
       Gonzalo
23-09-2014
Axudar coas outras tarefas

         Cubre a falta doutro compañeiro











As normas

NORMAS DO EQUIPO:

nome
Data incorporación
NON MOLESTAR
23-09-2014
SÓ FALAR CANDO É NECESARIO
23-09-2014
TRBALLAR EN EQUIPO
23-09-2014
RESPECTAR OS COMPAÑEIROS
23-09-2014
ACHEGAR IDEAS AO GRUPO
23-09-2014
NON TER COMPORTAMENTOS DISCRIMINATORIOS
23-09-2014
NON DICIR MALAS PALABRAS
23-09-2014

Nós

- Nós somos os Boa Xente:

- Ana C.N. - Nº10
- Adolfo F.S. - Nº13
- Gonzalo M.A.M. - Nº22
- Verónica R.A. - Nº25